Casa do Ghabino
"Todo a un paso" | Nº Rexistro Turismo: VT-CO-91

A Casa

La Casa

Casa familiar con máis de 110 anos de historia que foi reformada gardando as liñas arquitectónicas. A casa conta con horreo típico galego, un alpendre rústico, xardín con 500 m² con grellada e mesas. Dispoñemos de randeeira para os máis peques e pequeno campo de fútbol e voleibol para os deportistas.

A casa ten 150 m² repartidos en 2 plantas. Ten 3 habitacións con cama de matrimonio e 1 habitación con 2 literas, 1 salón-comedor con cheminea para gozar do lume no inverno, ampla cociña totalmente equipada incluída estufa de leña, 2 baños (un deles apto para discapacitados), televisión en salón e comedor. Todas as estancias dispoñen de calefacción. Así mesmo dispoñemos dun antigo forno de pan e dun pozo de auga no interior.

O noso obxectivo é que gustaríanos que te sintas cómodo. Para iso ofrecemos os seguintes servizos:

  • O panadeiro local reparte pan fresco todos os días sobre as 11:30.
  • Por cortesía de casa café e bolleria para preparar o almorzo.Dóce familiar os fins de semana .
  • Posibilidade de realizar eventos (vodas, comunións, bautizos, ...).
  • Xardín exterior con randeeiras, grellada e pequeno campo de fútbol e voleibol.
  • Camas supletorias.
  • Berces e tronas dispoñibles.
  • Xogos de mesa para toda a familia.
  • Existen 3 casas de comidas moi preto con posibilidade de encargar a comida.
  • Cociña completa.
  • Lavadora, secador de pelo, plancha.
  • Leña para cheminea e estufa.
  • Dependendo da época do ano existe a posibilidade de compra de produtos agrícolas.
  • Admitimos tarxetas de crédito.
Casa do Ghabino - Turismo rural en Coruña
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información