Casa do Ghabino
"Todo a un paso" | Nº Rexistro Turismo: VT-CO-91

Entorno

Debido á súa situación terás moi preto todo un paraíso: a beleza da A Costa da Morte; o faro de Fisterra, Muxía, o mirador do Ézaro, as numerosas praias de area fina e branca (Muros, Carnota...) as paisaxes esculpidos polo vento de Corme, Malpica, Caión, Camariñas... Poderaste achegar ás cidades de Santiago e A Coruña.

Ademais Casa do Ghabino invítache a coñecer o noso concello, Santa Comba. Ó lado da casa, en Castriz, poderaste visitar o parque fluvial da Fervenza, zona de antigos molino bañados polo río Xallas, único río de Europa que desemboca no mar en forma de cascada, en O Ézaro. Se che gustan as emocións fortes a 2 km da casa poderaste realizar un voo en ultralixeiro no aeródromo de Castriz.

Moi preto, en San Salvador, atópase a antiga mina de Varilongo fonte de riqueza da zona na primeira parte do século XX. Dela extraíase wolframio moi apreciado nesa época http://www.santacombanamemoria.es/a-mina.

Poderaste degustar un sabroso "pulpo a feira" na súa concorrida e importante feira que se celebra mensualmente o primeiro sábado e o segundo e terceiro luns, onde poderás comprar e ver os produtos da zona.

Na capital do concello poderás visitar o museo "Terra do Xallas" inaugurado en 2012 onde se mostra a vida destas terras ao longo da historia.

Se o teu é pescar estarás no paraíso, o río Xallas é un importante río troiteiro de Galicia.

Santa Comba conta os fins de semana cunha das máis importantes zonas de lecer xuvenil de Galicia.

As imaxes

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información